Fortaleza de Monterreal - BAIONA

A fortaleza de Monterreal é un dos principais baluartes do municipio. O seu recinto amurallado levantouse entre os séculos XI - XVII para defenderse dos ataques continuos dos  inimigos. Hoxe o cercado de pedra acolle un dos mellores Paradores de turismo do país. Para acceder a el hai que traspasar unha porta do século XVII presidida por un gran escudo dos Austrias. Deseguido atopamos á esquerda a Torre do Reloxo e aos seus pés a Porta do Sol, levantadas no século XVI. Á dereita ten as súas instalacións o Monte Real Clube de Iates.

Máis arriba atopamos unha ermida deste século, construída en granito e madeira, ao pé dun extenso bosque de múltiple vexetación, e logo as estancias propias do Parador. A esa altura asomarse á muralla permite atisbar o espazo aberto do océano, a península de Monteferro, Praia América e as illas Cíes e Ronseis.

Preto atópase a Torre da Tenaza.

Seguindo o percorrido da muralla, na parte máis oriental levántase a Torre do Príncipe, unha atalaia circular que foi faro antigamente. Preto dela perviven os canóns que defenderon á poboación dos piratas.

Unha ruta igualmente atractiva é a do paseo de Monte Boi, que bordea a base da fortaleza: un camiño de 2 km. para sentir o cheiro e a brisa do mar.


Fuente: baiona.org