Baiona foi o primeiro porto de Europa que recibiu a noticia do descubrimento de América. O 1 de marzo de 1493, a carabela Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón, atracou nestas augas. Coa conmemoración do V Centenario do Descubrimento construíuse unha réplica da embarcación que permanece amarrada, para os visitantes, nun dos peiraos.
En 1999 se reacondicionó o pequeno museo colombino que alberga a nave, dotándoa de todos os elementos da época colombina, tanto da cultura cristiá como da indíxena cultura taína. Desta maneira o visitante pode contemplar a carabela tal e como chegou a Baiona en 1493 e revivir a xesta do descubrimento contemplando as figuras que representan á tripulación e aos indíxenas americanos, ademais de reproducións dos metais, plantas, alimentos e animais exóticos achados no novo mundo.
http://www.baiona.org/web/turismo/cultura/museo-da-carabela-pinta