Casa de Cadaval
Construída no século XVIII por D. Pedro Cadaval San Román. Presenta dous escudos coas armas dos Rivera, Taboada e Losada. Situada na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa, a beiras do río Miñor.
Casa de Ceta
Coñecida tamén como Casa do perdón debido a un cruel privilexio concedido polos Reis Católicos, que eximía de culpas a aquel ajusticiado que no momento de ser sometido ao castigo público fose capaz de agarrarse á cadea que colgaba da porta de entrada da casa. Foi edificada a comezos do século XIV e conserva dous escudos coas armas dos Ceta, Figueroa e Fitado, entre outros.
Casa de Correa
Mandada construír en 1757 por don Lorenzo Correa e Araujo, alcalde de Cuernavaca (México). En 1942 adquiriuna o Concello para convertela en casa consistorial. O edificio ten 630 m2 de superficie, distribuídos en dúas plantas e un torreón. Dous escudos mostran os brasóns das familias Correa, Sotomayor e Troncoso de Lira. Entre ambos, o Concello colocou o escudo da vila existente no antigo consistorio.
Casa de Mendoza
É tamén coñecida como Casa do Deán, dado que quen ordenou a súa construción -en 1768-; foi o entón Deán da catedral de Santiago, don Policarpo de Mendoza, cuxas armas presiden o escudo.
Casa de Salgado
Distintas reformas acometidas ao longo da súa historia eliminaron os trazos orixinais deste edificio do século XVI. O propio escudo de armas tampouco se conserva. Era coñecida como a Casa do sete bonetes.
Hospital de Sancti Spiritus
Até comezos do século XX actuaba como casa de acollida de indixentes desta comarca. Foi construída no século XVI. É propiedade do Concello, que a converteu en casa da Cultura.
Pazo de Sabarís
Edificio de estilo militar. Non se sabe con exactitude a época da súa construción. Coñecido tamén como Casa reitoral.
Fuente: baiona.org